Talleres de Samaín no Multiusos para cativos de 3 a 12 anos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Hoxe abriuse o prazo de inscrición nesta actividade que se celebrará o xoves 31 de outubro pola mañá

 

Hoxe ábrese o prazo de inscrición na actividade escolar organizada polo Concello de Mos para o xoves 31 de outubro (Día do Ensino), data na que non haberá clase nos centros educativos mosenses.

A iniciativa vai dirixida aos nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e durante a mesma realizaranse no Multiusos das Pozas talleres de Halloween ou Samaín consistentes en manualidades, xogos monstruosos, contos terroríficos, Photocall tenebroso, bailes de ultratumba… etc. O horario de celebración da actividade será matutino, de 09:00 horas a 14:30 horas.

As inscricións deben ser realizadas no Rexistro do Concello de Mos e a listaxe de admitidos elaborarase por orde de entrada das solicitudes. O prezo da actividade é de 10 euros por participante e o pago farase efectivo no Multiusos o propio día de celebración da mesma.

As familias interesadas en facer uso do servizo de Aula Madruga (de 8:30 a 9:00 horas) terán tamén a posibilidade de solicitalo.