Tameiga celebra San Eleuterio 2013

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Terá lugar durante toda a vindeira fin de semana, os días 29 e 30 de xuño, e o 1 de xullo

 

A parroquia de Tameiga celebra esta fin de semana as Festas na Honra de San Eleuterio que terán lugar os días 29 e 30 de xuño, e 1 de xullo.

 

O sábado 29 de xuño a verbena dará comezo ás 22.30 horas e contará coas actuacións musicais das orquestras Palladium e Gran Parada. O domingo día 30 pola mañá contarase coa Banda de Música Xuvenil de Torroso en pasarrúas e concerto e, a partir das 21.30 horas, haberá verbena coas orquestras Canela e América. Por último o luns, día 1 de xullo, ás 22.00 horas actuarán as orquestras Pontevedra e Televisión. A celebración contará con grandes tiradas de fogos, tanto fixos como voadores.

 

Os actos relixiosos comezaron o pasado día 21 de xuño e continuarán ata o día 1 de xullo. O domingo 30 de xuño ás 12.00 horas da mañá celebrarase a Misa Solemne de Campaña con procesión se o tempo o permite, e o día 1 de xullo, luns, ás 12.00 horas tamén, Misa Solemne por tódolos socios e socias da Comisión de Festas e familiares falecidos.