TEMPO DE LECER – Curso de costura

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Para @s amantes da costura, últimamente considerada “o novo ioga” para relaxarse, lembramos que aínda quedan prazas libres no curso do programa municipal Tempo de Lecer que comezará o vindeiro 6 de marzo na Asociación de Veciños Santa Baia de Mos. Impartirase todos os venres de 16.45 a 19.45 horas cunha duración total de 20 horas. + INFO e inscricións no teléfono da Asociación: 639300974.