Tirolina no Parque da Pesqueira-Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

Trátase dun xogo infantil construído en madeira de piñeiro tratada en autoclave e decorada con paneis de cores. A tirolina ten unha lonxitude de 25 metros e unha altura de caída de 1,10 metros, a altura total do elemento é de 3,50 metros.

 

Ademais da instalación da tirolina o parque mosense da Pesqueira foi obxecto de varias melloras máis tales coma a prantación dun seto de photinias vermellas para delimitar a zona de xogos e dotouse ó parque de 6 árbores, 4 carballos americanos e 2 prunos, que darán sombra a esta zona que ata o de agora carecía dela. Tamén se dotou ó parque de máis mesas, bancos e papeleiras e dun novo cartel identificativo.

 

Tamén se ampliará en dous parques máis o Plan Integral de Mellora de Parques en Mos. Os dous parques que se optimizarán a maiores son o de Dornelas e o de San Rafael, na parroquia de Pereiras.