Torroso acolle o Festival de Baile Moderno e Canto

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase o vindeiro domingo 24 de marzo a partir das 17:30 horas

O Círculo Recreativo e Cultural de Torroso informa de que o próximo domingo 24 de marzo ás 17:30 horas celebrarase no auditorio do Centro Dotacional de Torroso o Festival de Baile Moderno e Canto no que actuarán os grupos Endanza, Community Dance, Colexio Santa Mariña, Colexio Escolas Nieto, e os alumnos de baile e canto da Escola de Música de Mos.