Traballos de pintado da zona peonil na obra de humanización da Estrada Louriñó-Sobráns

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, a edil mosense da parroquia de Guizán, Julia Loureiro, e o arquitecto municipal, Ramón Vega, visitaron esta mañá as obras da humanización de Guizán consistentes na mellora da Estrada Louriñó-Sobráns, que marchan a moi bo ritmo. E aproveitaron para supervisar os traballos de pintado da zona peonil que comezaron hoxe.
SOMOSMOS HUMANIZADO.