Turismo de Galicia engalana Mos para ensalzar o seu potencial turístico

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A Xunta financia con 45.000 euros o proxecto de sinalización

 

As dez parroquias do Concello mosense están a ser estes días esceario dos últimos traballos de instalación dos sinais turísticos que conforman o ‘Proxecto de sinalización turístico-cultural nas parroquias de Mos’ que financia íntegramente a Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia e cuxo orzamento ascende a 45.000 euros.

 

A finalidade deste proxecto é, segundo declaraba hoxe a concelleira mosense de Cultura responsable do mesmo, Sara Cebreiro, “facilitar sobre o propio territorio a identificación tanto do emprazamento como dos itinerarios de acceso ós recursos turísticos das parroquias”. Gracias a esta sinalización turística dos recursos turísticos que existen no Concello de Mos favorecerase a promoción turística, difusión histórica, cultural e artística do municipio mosense; coa conseguinte repercusión positiva que isto terá para a localidade a nivel económico, de proxección pública a nivel nacional e internacional, de dinamización cultural, prestixio social, etc.

 

Este proxecto inclúe un total de 26 elementos metálicos de sinalización, homologados segundo a lexislación autonómica vixente. De entre os 26, 4 son sinais de benvida a Mos que se ubican en zonas fronteirizas cos municipios veciños: un en Sanguiñeda no límite con Porriño, outro en Puxeiros no linde con Vigo, outro no alto de San Cosme, zona limítrofe tamén co Concello de Vigo; e outro na parroquia de Louredo no límite con Redondela.

 

Outros 10 sinais repártense entre as 10 parroquias, un por parroquia, destacando as localizacións, monumentos ou edificios máis emblemáticos da parroquia en cuestión. 5 son sinais de turismo dos puntos máis concorridos: o Castro de Torroso, o paseo do río Louro, o dolmen de Cela, o Miliario de Santiaguiño e o Camiño de Santiago.

 

Outros 4 elementos constitúen paneis informativos nos que se pode visualizar o mapa de Mos coas principais rutas a relizar no termo municipal e teléfonos de interese, e atópanse instalados en Puxeiros, Peinador, nas Pozas, parroquia de Petelos, xunto ó centro Multiusos; e en San Eleuterio. A maiores consta tamén de dous carteis de Patrimonio dotados dun directorio e que se sitúan un na Casa Consistorial mosense e outro xunto á oficina de turismo ubicada no trazado do Camiño Portugués a Santiago de Compostela ó seu paso pola parroquia mosense de Samguiñeda. E por último, contémplase tamén un cartel de Patrimonio do Pazo dos Marqueses de Mos ubicado xunto a dito Pazo.