Última actividade do ano do programa Ocio en Familia no Multiusos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Consistirá nunha actuación de animación musical que se celebrará o domingo 30 de decembro ás 18.00 horas

A concelleira de Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe da celebración como parte da programación de Nadal e dentro do programa Ocio en Familia, da actividade Animación Musical da Fundación IgualArte.

Terá lugar o domingo día 30 de decembro ás 18.00 horas da tarde no auditorio do centro Multiusos das Pozas, en Petelos.

A actividade consistirá nunha actuación de animación na que se xogará con cancións facendo que o público participe de forma activa, conseguindo en todo momento unha dinámica grupal.