Última sesión do programa municipal de prevención da drogodependencia “Non te Consumas”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Onte a Policía Local impartiu unha charla coloquio no IES de Mos

O programa municipal “Non te Consumas” que se puxo en marcha fai dous anos leva dende o pasado mes de febreiro traballando co alumnado do IES de Mos sendo a última sesión, celebrada onte, impartida pola Policía Local.
Trátase dun proxecto de prevención do consumo de drogas precoz para concienciar dos riscos derivados do consumo de sustancias aditivas.
A intención é apoiar o profesorado e as familias na súa tarefa educativa con proxectos de prevención liderados por profesionais do sector ao longo do curso escolar que pretende ter carácter perentorio e instalarse nas aulas de xeito transversal.
O alumnado co que se traballou este ano son rapaces de 2º da ESO que recibiron sesións grupais utilizando o espazo de educación para a cidadanía. Enfocouse o problema das dependencias dende o punto de vista sociofamiliar, sanitario e legal .
“Non te Consumas” é un programa empírico aberto e flexible que busca novas fórmulas para a efectividade no eido da prevención e pretende ser un recurso útil que dé resposta ás necesidades educativas.
Un total de 137 alumnos/as participaron este ano nesta actividade
“Non te Consumas NON PAGA A PENA” foi a proposta de intervención que emitiu o Concello de Mos para concienciar, dun xeito cercano e impactante ós adolescentes, do risco do consumo de drogas e a súas consecuencias no ámbito persoal, sociofamiliar, sanitario e legal.
O programa incluiu unha serie de coloquios dirixidos por persoas directamente relacionadas, sabedoras e coñecedoras do mundo das drogas, que nun ambiente informal relataron a súa experiencia e propiciaron o diálogo có alumnado.
A primeira charla, “Non paga a pena para a túa vida” contou como testemuñas con persoas con dependencias que rehabilitáronse en Proxecto Home da súa dependencia ás sustancias e o xogo e reflexionaron sobre o que lles levou a elo e como superaron este período.
A segunda charla, “Non paga a pena para a túa saúde” contou con Ángel Pichel Loureiro, Doutor especialista en medicina de familia e familiar, e que conta con moita experiencia no servizo de urxencias do Meixoeiro e agora no hospital Alvaro Cunqueiro.
E a terceira charla impartida onte versou sobre “Non paga a pena o custe legal/penal” e foi impartida por dous axentes da Policía Local de Mos que espuxeron a súa experiencia policial con xoves consumidores, a responsabilidade legal penal do consumo de drogas; falaron sobre o botellón e contaron anécdotas entre outras moitas aportacións de interese para os mozos e mozas.