Último día dos Obradoiros Infantís de Entroido no Multiusos de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A edición deste ano acadou o cupo máximo de participantes: un total de 30 nenos e nenas

 

Hoxe celébrase a clausura dos Obradoiros Infantís de Entroido que se celebran dende o luns no Multiusos das Pozas en horario de mañá, de 09.00 horas a 13.00 horas.

 

Neles participan un total do 30 nenos e nenas, o máximo de prazas que había dispoñibles, empadroados e/ou escolarizados en Mos de entre 3 e 12 anos de idade.

 

O prezo por cada neno pola participación nestes obradoiros ascendeu tan só a 10 euros.Co cobro por participante garantízase que os obradoiros sexan valorados e que os nenos beneficiados sexan os das familias que realmente teñen a necesidade da conciliación familiar e laboral”, explica a concelleira Kely Monzón.

 

Durante a clausura da actividade a concelleira de Educación e Participación Cidadá e responsable da mesma, Kely Monzón, declarou sentirse “moi satisfeita por ter logrado completar o número máximo de prazas dispoñibles nestes obradoiros”, “o que demostra”, continuou a edil, “que o éxito desta iniciativa repítese ano tras ano ata chegar a ser xa case un clásico do Entroido mosense”. “Que os cativos do noso municipio disfruten didácticamente dunhas datas tan divertidas como son as do Entroido é a meta que nos marcamos cos Obradoiros Infantís de Entroido e que, un ano máis, logramos acadar”, asegurou Monzón.

 

A concelleira explicaba tamén esta mañá que “o Entroido é unha data na que os nenos/as celebran con especial ilusión, e que aproveitan para xogar cos seus compañeiros, brindámoslles a oportunidade de celebralo cos cativos dos demais colexios de Mos fora do contexto escolar, favorecendo, deste xeito, as relacións entre nenos e nenas de distintas parroquias que, de outro xeito, probablemente non coincidirían debido á dispersión xeográfica do municipio”. O obxectivo final das tres sesións do obradoiro é levar a cabo unha representación onde os pais/nais dos nenos participantes poidan disfrutar dun pequeno espectáculo de Entroido coa participación activa dos seus fillos.Este espectáculo terá lugar nunha cuarta sesión que será o próximo día 24 de febreiro ás 18.00 horas no Multiusos dentro da programación de Ocio en Familia. A representación será para os pais e nais dos nenos participantes nos Obradoiros Infantís de Entroido e para o resto dos nenos e nenas do municipio.

 

Outra das finalidades desta actividade é facilitar a conciliación da vida laboral coa vida familiar ao mesmo tempo que se ofrece unha alternativa de ocio e tempo libre para os nenos/as celebrando o Entroido, así coma oñecer o significado e costumes do Entroido, ter unha visión global das distintas celebracións do Entroido no mundo e por último facer unha representación para os pais/nais (a que se realizará o vindeiro 24 de febreiro), onde se unifique todo o aprendido.

 

Os contidos abordados nos obradoiros foron as características do Entroido da nosa zona e dos diferentes entroidos do mundo, a realización de diversas manualidades relacionadas co tema, a aprendizaxe de danzas e cancións, a participación en xogos psicomotores e de interacción, a toma de contacto coa xeografía mundial a través dos diferentes entroidos, a escoita e comprensión de relatos, e traballos de expresión corporal e emocional.

 

A actividade no seu conxunto foi lúdica, xa que a realización destes talleres baseouse no xogo en tódalas súas vertentes. O carácter destes xogos foi participativo, favorecendo o traballo en conxunto e a axuda mutua.