Últimos días para inscribirse nas Escolas Infantís de Mos de cara ó vindeiro curso escolar

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Para formalizar a solicitude os pais de nenos de entre 0 e 3 anos deben dirixirse, ata o 21 de marzo, ás escolas da Porteliña ou de Cototorrón en horario de 9 a 12 e de 14.30 a 19 horas

 

A concelleira de Benestar Social mosense, Sara Cebreiro, lembrou hoxe que está aberto o prazo de inscrición para o curso 2013/2014 nas dúas Escolas Infantís de Mos, a da Porteliña en Petelos e a de Cototorrón en Tameiga.

 

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva de praza coma de novo ingreso, rematará o vindeiro día 21 de marzo. Para inscribir ós seus fillos de cara ó próximo curso escolar, os pais de nenos de entre 0 e 3 anos de idade poden dirixirse á calquera das dúas Escolas Infantís de Mos, tanto á da Porteliña coma a de Cototorrón, xa que a lista é conxunta, en horario de mañá de 09.00 horas a 12.00 horas e de tarde de 14.30 horas a 19.00 horas. E para obter máis información poden tamén chamar por teléfono a calquera dos dous centros, ben ó da Porteliña ó número 986 337 184 ou ben ó de Cototorrón ó número 986 190 998; ou senón poden ampliar información a través da páxina web http://www.escolasinfantis.net

 

Os requisitos necesarios para ser adxudicatario dunha praza nunha das Escolas Infantís mosenses son que o neno a inscribir estea nado no momento da presentación da solicitude, que teña unha idade mínima de tres meses no momento do ingreso e que non teña cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro de 2013.

 

A relación definitiva de adxudicatarios de praza poderase consultar dende o día 27 de maio nas Escolas Infantís tanto da Porteliña como de Cototorrón, así como nas páxinas web http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net

 

Os solicitantes admitidos disporán dende o 28 de maio ó 12 de xuño para matricularse presentando no centro no que obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa documentación prevista.