Un Garda Civil especializado en investigación tecnolóxica informa ós alumnos do IES de Mos sobre seguridade nas redes sociais e Internet

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Estas charlas están organizadas pola concellería de Educación dentro da programación que esta lle ofrece ó Instituto durante o horario lectivo

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, presentou esta mañá no Instituto mosense unha actividade sobre seguridade na rede e uso responsable das TIC’s, consistente nunhas charlas impartidas polo Garda Civil de Pontevedra, Gonzalo Sotelo, dirixidas ós alumnos e alumas de cuatro curso da ESO. Esta iniciativa desenvolverase durante dúas xornadas lectivas, unha das cales foi a de hoxe, e a segunda será o vindeiro día 18 de febreiro a partir das 16.15 horas da tarde.

 

Gonzalo Sotelo é o responsable na provincia do Equipo de Investigación Tecnolóxica que investiga todo tipo de delitos relacionados coas novas tecnoloxías. Ademais de informar, Sotelo aclara durante estes coloquios, tódalas dúbidas que os alumnos que se atopan entre o público poidan ter sobre calquera asunto relacionado coa seguridade nas redes sociais en particular, ou en Internet en xeral.

 

Estas charlas están incluídas dentro da programación ofrecida polo departamento municipal de Educación ó IES dentro do horario lectivo do mesmo. Sobre esta actividade declaraba hoxe Monzón na súa presentación que “creo que é sumamente importante, posto que hoxe en día as novas tecnoloxías e as redes sociais xogan un papel fundamental no día a día das relacións interpersoais, sobre todo entre os máis xoves; sen embargo, estas ferramentas entrañan certos perigos dos que non somos coñecedores e a eles nos expoñemos ó compartir certos datos da nosa intimidade nas redes sociais, ou ó navegar por determinadas páxinas de Internet”.

 

Neste sentido, a edil engadiu tamén que “dende a concellería de Educación mosense consideramos que é necesario fomentar o uso das novas tecnoloxías, sobre todo entre os estudiantes, xa que nelas está o futuro, pero sempre que estes estean informados e debidamente protexidos ante os seus perigos, puidendo así, coa debida protección, obter todo o beneficio destas ferramentas sen ter que sufrir ningún perxuízo”.

 

E é que moitos mozos e mozas descoñecen a privacidade da intimidade nas redes sociais, nas que fácilmente se pode obter información dun perfil, acceso a fotos, datos persoais, etc. se non se configuran adecuadamente; procedemento este, o dunha óptima configuración, que os rapaces poden aprender tamén nestas charlas.