Unha nova empresa, dedicada á industria siderúrxica, aséntase na Veigadaña

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O polígono mosense continúa a crecer traducíndose en progreso empresarial e económico para o Concello de Mos


A Xunta de Goberno Local de Mos ven de aprobar a licenza para unha nova empresa que se asentará no Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña. Trátase dunha licenza de obra nova construción e actividade para pranta e almacén de productos siderúrxicos para a empresa Tubos Mecánicos Norte S.A.

Unha empresa máis elixe o parque empresarial mosense para asentar as súas instalacións. O título de Concello Emprendedor Doing Business síguelle a dar os seus froitos a Mos que incorpora unha nova importante actividade ao Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca neste senso que “esta nova pranta da industria siderúrxica que elixe Veigadaña como ubicación tradúcese nunha realidade de crecemento empresarial e económico para o noso Concello e na creación de postos de traballo, por iso lle agradecemos á empresa que apostasen por Mos para levar adiante este proxecto. Somos un Concello resolutivo, un Concello emprendedor ‘Doing Business Galicia’…, en definitiva, un Concello territorio de oportunidades que se seguen a facer visibles”.

A empresa emplazarase nas parcelas C 23-24 do Parque Empresarial de Veigadaña – Mos que suman unha superficie total de 10.669 m² de uso industrial e con forma rectangular.

A edificación proxectada corresponde á tipoloxía de edificación industrial aislada, (nave), destinada a un uso de Almacén de Productos Siderúrxicos.

A ocupación en pranta será de 6.216 m² (superficie total construída).

A fachada principal estará orientada cara ao lado Este da parcela, anexa á edificación na súa cara Norte ubicarase o módulo anexo que albergará os servizos xerais e oficinas. A nave será lóbrega en toda a súa superficie, cunha zona reservada central para as operacións de carga e descarga.

As oficinas ocuparán a entrepranta do módulo anexo, a pranta baixa albergará os aseos, vestiarios, comedor, acceso persoal, arquivo, así como o acceso principal ás oficinas. O programa de necesidades compleméntase con prazas de aparcadoiro e zonas de circulación de vehículos polo interior da parcela.

O orzamento estimado deste proxecto ascende a 1.500.000 €.