Ventos do Val celebra o seu Concerto Xuntanza Cultural

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o domingo ás 18.30 horas no Multiusos

 

A Coral Polifónica Ventos do Val organiza o seu Concerto Xuntanza Cultural que se celebrará o vindeiro domingo, día 13 de xullo, ás 18.30 horas no auditorio municipal do Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos.

 

Neste evento musical intervirán, ademais da coral anfitriona, Ventos do Val, a Coral Polifónica Alborada de VV.CC. Cabral, e a Banda de Música Xuvenil de Torroso.