Ventos do Val celebra unha edición máis do seu Concerto Cultural

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Terá lugar o domingo 19 de outubro ás 18.00 horas no auditorio do centro das Escravas da Virxe Dolorosa

A Coral Polifónica Ventos do Val organiza unha vez máis, como ven facendo xa dende fai sete anos, o seu Concerto Cultural Ventos do Val. Celebrarase o domingo 19 de outubro ás 18.00 horas no auditorio do centro das Escravas da Virxe Dolorosa, na parroquia de Petelos. A entrada ó concerto é libre e gratuíta para todas aquelas persoas que desexen asistir.

Neste evento musical participarán, ademais da anfitriona Coral Polifónica Ventos do Val, a Coral Stella Maris Priegue, de Nigrán, e a Coral Municipal Mulleres de Camariñas.

Neste vindeiro concerto a Coral Polifónica Ventos do Val de Petelos interpretará un repertorio composto por seis pezas que serán ‘Una flor en un libro’, De Marín a Portonovo (popular galega), ‘La flor’, Camariñas, ‘Salve Rociera’ e ‘De Ronda (jota navarrica)’.