Viaxe a Andorra do IES de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Tamén poden participar os mozos e mozas mosenses maiores de 18 anos

 

O Concello de Mos, a través da concellaría de Educación e Participación Cidadá, que xestiona a edil Kely Monzón, informa de que o Instituto de Educación Secundaria de Mos organiza unha excursión a Andorra durante as datas do 17 ó 22 de febreiro.

 

Quedan dispoñibles 25 prazas libres para esta viaxe, e dende o departamento que dirixe Monzón estase a axudar a promocionar esta excursión entre a mocidade maiore de 18 anos do Concello de Mos, xa que se se logra encher un autobús os alumnos e alumnas do IES poderán verse beneficiados por unha reducción de costes nesta viaxe á neve.

 

O prezo para os maiores de 18 anos interesados en participar é de 450 euros, debendo depositar por anticipado 100 euros en concepto de reserva. O prezo inclúe o desprazamento de ida e volta en autobús, forfait, alquiler de equipos de esquí, clases, seguro e aloxamento en pensión completa. As persoas interesadas en inscribirse deben poñerse en contacto co departamento de Educación e Participación Cidadá, no tlf. 986 33 94 04 ou no correo electrónico educacion@concellomos.es