Viaxe a Ferrol e Mugardos o 28 de marzo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O prazo de inscrición rematará o vindeiro día 20

 

O Concello de Mos organiza unha viaxe a Ferrol para todos os públicos que se celebrará o sábado 28 de marzo incluíndo visitas á cidade de Ferrol (Museo Naval e Castelo San Felipe) e a Mugardos. O prezo por participante é de 35 euros e os interesados xa poden inscribirse tendo de prazo ata o vindeiro 20 de marzo para facelo.

As inscricións poden realizarse no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica da páxina web municipal. Para obter máis información sobre esta excursión poden dirixirse ao teléfono 986 33 94 04 (departamento municipal de Educación e Participación Cidadá).