Viaxe a Ribadeo, Catedrais, Lugo e Guitiriz para os maiores mosenses

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Organizada pola concellería de Participación Cidadá, celebrarase durante os días 15 e 16 de setembro, tendo como prazo de inscrición ata o día 7 de setembro

A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza unha excursión a Ribadeo para os maiores mosenses que terá lugar durante os días 15 e 16 de setembro.

Durante eses dous días os participantes nesta viaxe terán a oportunidade de visitar a Praia das Catedrais, o municipio de Ribadeo e a cidade de Lugo coas súas murallas romanas, a súa catedral e o seu casco vello. Ademais tamén coñecerán o pobo de Guitiriz.

O prazo de inscrición nesta actividade, que conta cun total de 54 prazas dispoñibles, comenza hoxe e rematará o día 7 de setembro. Os interesados en participar deberán de formalizar as súas solicitudes no Rexistro municipal antes do remate do prazo de inscrición. O prezo por persoa desta viaxe é de 95 euros que inclúen desprazamento, visitas e comidas; e para obter máis información sobre a mesma pódese chamar por teléfono á concellería de Participación Cidadá, ó número 986 33 94 04.

Sobre este programa Monzón, concelleira responsable do mesmo, declarou que “ten como finalidade que os participantes con menos posibilidades de ocio, como son as persoas maiores, se poidan enriquecer do turismo histórico, natural-paixaxístico e cultural da nosa comunidade; ademais, este tipo de saídas fortalece os lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe, entendéndoo este ó longo da vida”, dixo a edil.