Visita de supervisión ás obras da Humanización de Guizán

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

Esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, a concelleira da parroquia de Guizán, Julia Loureiro, e o arquitecto municipal, Ramón Vega, realizaron unha visita de supervisión das obras da Humanización de Guizán, durante a que estiveron acompañados por membros da directiva da Comunidade de Montes de Guizán, así como por outros veciños da zona.
Os traballos marchan a bo ritmo cumprindo o plan de obra establecido e nestes intres atópanse inmersos na acometida das beirarrúas. SOMOSMOS HUMANIZADO, SOMOS O MOS DAS PERSOAS, SOMOSMOS!