Visita de supervisión do protocolo de instalacións e traballadores/as municipais e do protocolo de atención ao público

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta mañá xunto coa técnico de Persoal, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais, Tatiana Iglesias, varios dos edificios municipais que se abriron novamente co inicio da presente fase 1 da desescalada:

– Axencia de Colocación

– Multiusos

– Edificio de Urbanismo, Medio Ambiente, Política Social e CIM

A visita foi de supervisión do protocolo de instalacións e traballadores/as municipais e do protocolo de atención ao público. E para interesarse por como están a levar os funcionarios/as reincorporados/as presencialmente aos seus postos esta fase 1 da que hoxe se cumpre unha semana.

SOMOSMOS e Xuntos SaireMOS.