Visitas técnicas aos locais das asociacións mosenses nas que se imparten cursos do programa municipal ‘Tempo de Lecer’

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Técnicos e traballadores municipais comezaron esta mañá as visitas aos locais das asociacións mosenses nas que se imparten cursos do programa municipal ‘Tempo de Lecer’ para revisar e ultimar detalles de cara á reanudación dos mesmos.

A técnico de Persoal, Recursos Humanos e prevención de Riscos Laborais, Tatiana Iglesias, e a funcionaria do departamento de Participación Cidadá, Kely Monzón, supervisaron hoxe as depencencias en Costoias do Centro Cultural San Martín de Tameiga onde a Asociación de Palilleir@s de Mos leva a cabo os cursos de ‘Tempo de Lecer’, e as do Centro Cultural e Social de Herville, parroquia de Cela; para comprobar que todo se atopa en correctas condicións e para dar directrices en canto ao que se refire a protocolo de seguridade e prevención ante a COVID-19 . (Na imaxe as traballadoras municipais, Iglesias e Monzón, no local social de Costoias xunto co presidente do Centro Cultural San Martín de Tameiga, a presidenta das Palilleir@s de Mos e outros membros de ambos colectivos).

O Programa Municipal ‘Tempo de Lecer’, vírase interrompido por mor da crise sanitaria da COVID-19 e agora procederase á reanudación dos cursos de ‘Tempo de Lecer’ nas Asociacións, sempre que se garantan os protocolos e medidas de seguridade e prevención, a desinfección dos espazos, así como os aforos establecidos que limitan o número de alumn@s en cada curso.

Desde o Concello de Mos agradécese enormemente a implicación e vontade de colaboración d@s representantes do tecido asociativo mosense, así como o seu interese e o gran labor de tantos anos traballando en beneficio da veciñanza. Labor que agora tense que adaptar á nova normalidade, co conseguinte esforzo que elo supón.