Voluntarios das emerxencias fórmanse para o rescate en zonas illadas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, en colaboración co Servicio de Emerxencias Municipal e a concellería de Medio Ambiente do Concello de Mos, impartiu un curso en técnicas de evacuación en zonas illadas, nas isntalacións do colectivo mosense. Neste curso participaron quince alumnos relacionados co mundo da emerxencia de Mos, Redondela, Nigrán, etc.

Con esta unidade formativa capacitouse aos asistentes, en técnicas e procedementos de soporte vital básico e primeiros auxilios, inmobilizacións de fortuna, evacuación de feridos en vehículos todoterreo, coordinación e traballo con helicópteros, uso de mapas e cartografía, e novas tecnoloxías no rescate, entre outros.

Esta formación de 20 horas de duración, concluiu cun simulacro de busca e rescate no monte Galleiro.

O presidente do colectivo, Santiago Iglesias, destaca a importancia que ten este tipo de formación nos Concellos que contan con grandes áreas forestais de difícil acceso, como é o caso do Concello de Mos. O curso está integrado dentro das accións formativas que están realizando os voluntarios de Mos no ano 2014.