Votar candidatura para escoller a letra do himno de Mos

Un total de 6 cancións aspiran a converterse no himno do Concello de Mos. Reproduce os temas aspirantes inseridos nesta páxina web e mostra a túa preferencia por calquera deles a través do teu voto cubrindo o formulario. A votación finaliza o domingo 15 de maio ás 00:00. 

Escoita as 6 cancións e vota:

Participante Nº1

Letra:

Ollando sobre a cunca du val,
Auga do río Louro ves pasar.
Un muíño xa a baleirar
move sen cesura o seu gran
cunha firme moa como altar,
bautizou ó predio o seu lar.

Achéganse aquí,
heredeiros do saber e do labrar
as terras e prados
que erixen os piares deste cantar.
Porén cremos repetir
Con forza, vida e con corazó:
Viva, viva dicimos!
Sendo un pobo de fieis, pobo de amor.

Confiando na fraternidade,
rexurdindo xa das nosas cinzas.
Son dez as nosas conxuncóns de fe
Que sembran sempre a Mos no noso ser.
E a nosa cultura e tradición
enxalzando a rosa de Quiros,
levando a San Mamede en todos nós:
louvemos xuvilosos: Somos Mos!

 

Participante Nº2

Letra:

Se fas o teu camiño atoparás,
onde a terra fai o berce do solpor,
dez estrelas que lucen por igual
coroadas dun verde natural
que arrecende a historia e tradición,
O Camiño da Rosa é de Mos.

O Louro nutre con paixon
as raices dunha terra singular
que xa foi nacente no albor
da historia da nación de Breogán.

A lembranza non coñece o fin
Nesta terra que ata o mar atravesou
Pois a xente que naceu aquí
Ten a Mos grabado no seu corazón.

Se a ialma enchedes de nobleza
amizade, forza e unión
Hai un futuro de grandeza
E o Camiño da Rosa está en vos.

Se camiñas rexo e con firmeza
Compartindo agarimo e ilusión
A túa bandeira é a afouteza
E o teu orgullo é ter nacido en Mos.
A túa bandeira é a afouteza
E o teu orgullo é ter nacido en Mos.

 

Participante Nº3

Letra:

Erguer a piadoira deste val,
erguer a piadoira deste val,
rega ás dez, Xano, Vesta, son,
roda a moa, xa non arde non,
loce o Pazo, biqueira de nós,
agarima a rosa dos Quirós.

O Louro asociador,
Do mil oitocentos trinta e tres,
Pucha penedo de amor,
capela na rotonda do benquerer.

Galleiro axexador,
O día trece xuño has beillar,
Alfacuca historiador,
Sen lenda urbana noso latexar.

Molan,Molis, Moa, Malonis é Mos,
onde o pobo cobiza vivir,
un xeito feito de rir e sentir,
a Pedra Cabaleira berra Mos

Ay laaa, la la la, la la lá, la lá,
A Pedra Cabaleira berra Mos.

 

Participante Nº4

Letra:

Eu quero nacer en Mos
e ver nacer unha rosa
eu quero vivir en Mos
e facelo entre rosas
eu quero morrer en Mos
e na alma levar unha rosa
terra que agarima
lonxe de ti sinto morriña
e quixese estar ahí
para brincar de ledicia
para ver nacer o sol
para ver saír a lúa
para bicar a terriña
terriña da miña vila
ímoslle cantar a Mos
cada novo día
ímoslle cantar a Mos
toda a nosa vida
viva Mos grande e fermosa
viva o camiño da rosa

Repenican as campás
estoupan no ceo os foguetes
os mosenses todos xuntos
botamos fora os franceses
soan gaitas e tambores
frautas e pandeiretas
neste día de foliada
o son desta alborada
festexamos a historia
desta terra milenaria
chea de xente valente
que ennobrecen o noso lugar
rio, vales, montes e fragas
natureza do noso fogar
mulleres e homes
maiores e nenos
ímoslle cantar a Mos
cada novo día
ímoslle cantar a Mos
toda a nosa vida
terra de Mos
o que nos dá a vida
viva Mos grande e fermosa
no meu corazón levo unha rosa.

 

Participante Nº5

Letra

Espértame ó albor o teu cantar
ruliño que me ofreces o teu son
sei ben que me queres namorar
eu ruliña busco teu calor
con infindo amor o teu rular
chuvia, néboa, orballo, vento ou sol.

Ti es o penates do meu lar
e expremes con paixón o meu sentir
sempre en loita por unificar
compañeiro no meu subsistir
se te tiven que un día deixar
estou lonxe pero xunto a ti.

Eu son peregrino teu
Contigo da túa man e de vagar
Santiago que me acolleu
Espérame tamén ó rematar
E no curuto está a gardar
Pa me amosar
O berce que a montaña fai co val
A súa xente unha rosa é
Dozura que impregnada vou levar

Somos Mos a forza da unión e fervor
Somos Mos o camiño a seguir
Levamos con orgullo o teu candor
Prolificos na forma de vivir.
Somos Mos emporio cultural de seu
Somos Mos coa rosa ó seu carón
Ti polinízas nos con mimo e ben
Nós somos pétalos da túa flor.

Os nobres foron donos do teu ser
Froallo que os labregos empapou
regos que os muíños fan moer
mostras a esperanza nunha flor
rio Louro as almas que bicou
e á súa beira deixeime querer.

Gardamos no espigueiro o noso gran
lareira que me das o teu calor
lume ó forno que me coce o pan
á familia que está ó seu redor
ós avós sorriso de gozar
na tenrura do teu corazón.

Eu son peregrino teu
Contigo da túa man e de vagar
Santiago que me acolleu
espérame tamén o rematar
e no curuto está a gardar
pa me amosar

o berce que a montaña fai co val
a súa xente unha rosa é
dozura que impregnada vou levar.

Somos Mos a forza da unión e fervor
somos Mos o camiño a seguir
levamos con orgullo o teu candor
prolíficos na forma de vivir

Somos Mos emporio cultural de seu
somos Mos coa rosa ó seu carón
ti polinizas nos con mimo e ben
nós somos pétalos da túa flor.

 

Participante Nº6

Letra

Camiño que vou a percorrer
Polo pobo que me viu nacer
herbiña que nace no rego
areiña que moito pisei

e o sol brillando está no ceo
testemuña do meu camiñar

semente no campo eu plantei
da rosa que a de florecer
na ribeira do río Louro
unha rosa pronto vai nacer
medrará coa forza do vento
e a calor dos fillos de Mos

Aquí…teño unha flor
O froito da semente que plantei
Naceu para exaltar
A festa da rosa do meu val

Aquí …no meu corazón
Latexa o redobre dun tambor
E pronto a gaita soará
E o noso himno entoará

Peregrinos veñen camiñando
A historia queren coñecer
Bendito sexa o escudo
Tesouro do pazo de mos

Unha rosa loce na bandeira
Des parroquias danlle a bendición
Bendita rosa do camiño
Orgullo do pobo de mos
Bendita rosa do camiño
Orgullo do pobo de mos

 

VOTACIÓN PECHADA