Xeolodía 2020.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

 

A Sede Galega da Sociedade Xeolóxica Española, co apoio do Concello de Mos, ensalza este ano a riqueza xeolóxica mosense: o Galiñeiro. O Concello apoiou esta iniciativa que ía consistir nunha excursión con andaina por este monte que, a causa da presente crise do COVID-19, non se puido realizar.

Si podemos, aínda que non sexa o mesmo, compartir este vídeo que pon en valor o noso patrimonio xeolóxico local con motivo do Xeolodía 2020.

Desde a concellería de Medio Ambiente quérese facer unha aposta firme por este patrimonio, en colaboración coa Sociedade Xeolóxica Nacional, coa que estamos en contacto e ao seu servizo, ante calquera iniciativa que estean interesados en desenvolver relacionada co Galiñeiro.

SOMOSMOS, SOMOS MEDIO AMBIENTE, SOMOS XEOLOXÍA!