XII Concerto de Corais O Son dos Cantares

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O vindeiro domingo ás 17 horas no Centro Dotacional de Torroso
O vindeiro domingo 28 de abril celébrase o XII Concerto de Corais O Son dos Cantares no auditorio do Centro Dotacional de Torroso coa participación da Coral Beato S. Aparicio de A Gudiña, Ourense, a Coral Areas Gordas de Coiro de Cangas, a Coral de Baredo de Baiona, a Coral A Raíña de Redondela e a organizadora Coral mosense O Son dos Cantares.
O certame dará comezo ás 17.00 horas da tarde con entrada libre e de balde.