Xubílase o funcionario municipal Fermín Lorenzo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os traballadores do Concello de Mos celebraron hoxe a xubilación do seu compañeiro, o funcionario mosense Fermín Lorenzo que, tras 42 anos de servizo á veciñanza, retírase da vida laboral. Fermín, que actualmente levaba Rendas e Catastro, foi homenaxeado hoxe polos seus compañeiros, que lle desexaron unha moi feliz nova etapa vital.