Xunta Local de Voceiros

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ás 12.00 horas celebrouse, tamén por videoconferencia, unha Xunta Local de Voceiros, para darlle conta aos grupos políticos da oposición das últimas medidas municipais relativas á crise sanitaria do COVID-19 desde o último Pleno celebrado o pasado 27 de abril e para informalos sobre os pasos que desde o Concello de Mos se están a dar respecto da desescalada na primeira fase da mesma na que actualmente nos atopamos.