XV edición da Festa do Codillo de Mos
A celebración gastronómica presentouse hoxe no Pazo dos Marqueses e terá lugar esta fin de semana

Durante a presentación a rexedora local declarou sentirse orgullosa desta festa, “que é tamén un orgullo para todo o Concello de Mos por levar celebrándose xa 15 edicións”, dixo Arévalo. Ademais a alcaldesa insistiu en darlle as gracias ós membros da entidade organizadora da festa, o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia-Mos, polo enorme esforzo realizado ano tras ano para que todo saia á perfección durante esta celebración.
Cifras

Toda esta gran cantidade de ingredientes servirá para preparar un total de 6.000 racións que estarán acompañadas por 5.000 bolas de pan e 2.000 botellas de viño. O prezo de cada ración será de 8,00 euros incluíndo codillo con arroz e chícharos, pan, bebida e prato de porcelana, garfo e coitelo de recordo.
Programa

Xa o propio domingo, día 21, ás 10:00 horas abrirase ó públicoo “I Mercado de artesanía, gastronomía e productos da terra”, e ás 11:00 horas comenzará a degustación do codillo, amenizada polo grupo de Baile “Sta. Eulalia”, a Banda de Gaitas “Airiños do Castelo” e o Grupo Folclórico Sta. Cristina de Valeixe (A Cañiza).
Ás 12:00 horas Alberto Costas Táboas, bombeiro mosense, medallista das Olimpiadas e Mundiais de Policías e Bombeiros, dará o pregón deste ano. E ás 15.30 horas actuarán a “Charanga Charamujas” e o grupo de gaitas de Sta. Cristina de Valeixe (A Cañiza).
A programación verase completada con sorteos e sorpresas. O recinto da festa estará totalmente cuberto por unha carpa de 1.000 m².