Formación e Emprego

O Concello de Mos ten unha importante traxectoria na posta en práctica de estratexias de desenvolvemento local e fomento de emprego. Así na última década, puxose en práctica un modelo de desenvolvemento, adecuado os intereses da poboación e do sistema produtivo, cun obxectivo claro de orientar o potencial de desenvolvemento da comunidade local de forma equilibrada e sostida.As condicións económicas actuais impoñen ás administracións locais un novo papel a engadir á sua función tradicional como administradoras de servizos públicos e xestores do territorio local. Estas novas funcións materialízanse na creación e mellora dun entorno favorable para o desenvolvemento de estratexias económicas e sociais e na aplicación, no ámbito local, das políticas xeradas polas administracións públicas que lles outorgan competencias en diversas áreas.

Por elo dende fai anos estase desenvolvendo no municipio unha Estratexia Local de Emprego aberta á participación de tódolos axentes sociais e económicos con incidencia no territorio.

Dita Estratexia materializouse en xaneiro do ano 2009, coa sinatura do:

  • PACTO LOCAL POLO EMPREGO
  • PLAN DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO

Obxectivos da Estratexia

  • Apoio de estruturas e estratexias de desenvolvemento local que permitan un óptimo aproveitamento dos recursos endóxenos, como vía para a xeración de emprego e riqueza.
  • Facilitar a territorialización das accións da Administración Rexional en materia de emprego, formación e desenvolvemento.
  • Garantir a actuación sistemática e coordinada dos axentes sociais.
  • Deseño, proposta, seguimento e coordinación da oferta formativa local (municipio e municipios limítrofes)
  • Información, orientación e inserción laboral e profesional.
  • Adecuación das políticas activas de emprego ás necesidades do mercado laboral.

Datos de contacto

Oscar Soto Abadín
Concelleiro de Emprego, Economía e Patrimonio
Centro de Desenvolvemento Local de Mos
Avenida do Peinador, 39 | Tameiga
36416 MOS (Pontevedra)
Tel. 986487786
Correo-e: oscar@concellomos.es