Mos Decide: orzamentos participativos 2026

Esta é a primeira edición (orzamentos de 2026), xa rematada. A segunda edición está en marcha: Mos Decide 2027.

Resultados da primeira edición

  • 807 propostas presentadas (509 en urna e 298 pola web); 674 válidas, agrupadas en 115.
  • 11 propostas finalistas e 2.247 persoas votaron (14,87 % de participación).
  • Proposta gañadora: Mellora no campo de fútbol de Louredo (541 votos), con 200.000 € dos orzamentos participativos e 170.000 € do Plan +Provincia da Deputación. A obra está en licitación.
  • Seguintes máis votadas: aparcamento público na contorna do Pazo de Mos (368 votos) e humanización dende a Capela de San Amaro a Arrubial (305 votos).

Propostas finalistas (PDF) · Relación completa de propostas (PDF) · Noticia dos resultados

0

Mos Decide: orzamentos participativos 2026

O Concello de Mos pon en marcha un proceso piloto de orzamentos participativos que permitirá á veciñanza propoñer e decidir o destino dunha parte dos recursos municipais, reforzando transparencia, corresponsabilidade e seguimento público.

Proceso piloto vinculado ás contas municipais de 2026.

Cada persoa pode presentar unha única proposta. Se se presentan varias pola mesma persoa, todas quedan descartadas. Na votación, cada persoa poderá seleccionar ata 3 propostas.

Que é un orzamento participativo?

É un proceso aberto no que a veciñanza pode propoñer, debater e decidir de maneira directa sobre o destino dunha parte do orzamento municipal, co obxectivo de impulsar a implicación cidadá e a toma de decisións colectivas.

En Mos desenvólvese baixo o paraugas Mos Decide, con canles presenciais e dixitais.

Áreas nas que propoñer

  • Obras e equipamento
  • Medio ambiente
  • Deportes
  • Educación
  • Parques e xardíns
  • Política social e benestar
  • Cultura
  • Xuventude

Quen pode participar?

Calquera persoa maior de 16 anos empadroada no Concello de Mos.

Presentación: unha única proposta por persoa (se hai varias, descártanse todas). Votación: ata 3 propostas por persoa.

Que non se admite?

  • Contratación de persoal
  • Arrendamentos de inmobles
  • Subvencións, becas ou axudas económicas
  • Decisións sobre ingresos públicos (impostos, taxas, etc.)
  • Mantemento, conservación ou limpeza de parques, edificios, vehículos ou mobiliario

Requisitos das propostas

  • Ser legais e de competencia municipal
  • Interese xeral e viabilidade técnica
  • Actuación concreta, ben definida e orientada a mellorar o municipio

Partida total do proceso: 200.000 €. Selecciónanse as máis votadas ata acadar a contía dispoñible.

Como presentar a proposta

En liña, cubrindo o formulario: /mos-decide-orzamentos-participativos-2026/enviar-proposta/

Ou de forma presencial (depositando o formulario na urna):

  • Casa do Concello
  • Piscina municipal
  • Centro de Desenvolvemento Local
  • Biblioteca municipal

Calendario do proceso

1) Presentación de propostas

Do 6 ao 20 de outubro de 2025.

Enviar proposta

2) Análise e validación

Do 21 de outubro ao 4 de novembro de 2025.

3) Publicación e votación cidadá

Do 5 ao 14 de novembro de 2025.

Ir á votación

Resultados e incorporación

Publicación das gañadoras e incorporación aos Orzamentos municipais de 2026. Seguimento e avaliación.

Preguntas frecuentes

Como e onde presentar?

En liña (formulario web) ou presencial (urna) na Casa do Concello, Piscina municipal, CDL e Biblioteca municipal.

Cantas propostas podo votar?

Poderás escoller e votar ata 3 propostas na fase de votación.

Cal é a contía total?

200.000 €. Selecciónanse as máis votadas ata chegar a esa contía.

Que documentación teño que cubrir?

Nome, apelidos, DNI, data de nacemento, parroquia, título e breve descrición da proposta.

Hai bases completas?

Si. Consulta as Bases en PDF.

Concello de Mos · Proceso “Mos Decide”.