Mos Decide: orzamentos participativos 2027
Mos Decide: orzamentos participativos 2027
II edición · O teu Concello, o teu orzamento.
Segunda edición dos orzamentos participativos do Concello de Mos. A veciñanza volve propoñer e decidir o destino dunha parte dos recursos municipais, que se incorporarán ás contas de 2027.
Que é un orzamento participativo?
É un proceso aberto no que a veciñanza pode propoñer, debater e decidir de maneira directa sobre o destino dunha parte do orzamento municipal, co obxectivo de impulsar a implicación cidadá e a toma de decisións colectivas.
En Mos desenvólvese baixo o paraugas Mos Decide, con canles presenciais e dixitais.
Áreas nas que propoñer
- Obras e equipamento
- Medio ambiente
- Deportes
- Educación
- Parques e xardíns
- Política social e benestar
- Cultura
- Xuventude
Quen pode participar?
Calquera persoa maior de 16 anos empadroada no Concello de Mos.
Presentación: unha única proposta por persoa (se hai varias, descártanse todas). Votación: ata 3 propostas por persoa.
Que non se admite?
- Contratación de persoal
- Arrendamentos de inmobles
- Subvencións, becas ou axudas económicas
- Decisións sobre ingresos públicos (impostos, taxas, etc.)
- Mantemento, conservación ou limpeza de parques, edificios, vehículos ou mobiliario
Requisitos das propostas
- Ser legais e de competencia municipal
- Interese xeral e viabilidade técnica
- Actuación concreta, ben definida e orientada a mellorar o municipio
- Non comprometer gasto de exercicios posteriores
Partida total do proceso: 200.000 €. Selecciónanse as máis votadas ata acadar a contía dispoñible.
Como presentar a proposta
En liña, cubrindo o formulario: Enviar proposta
Ou de forma presencial (depositando o formulario na urna):
- Casa do Concello
- Piscina municipal
- Axencia de colocación
- Biblioteca municipal
Calendario do proceso
Do 6 de outubro (00:00) ao 20 de outubro de 2026 (23:59).
Do 21 ao 29 de outubro de 2026.
Do 30 de outubro (00:00) ao 9 de novembro de 2026 (23:59).
Domingo 15 de novembro de 2026, nun acto público.
Os proxectos gañadores incorpóranse aos Orzamentos municipais para o ano 2027.
Documentación
- Bases completas da II edición (PDF, 3 páxinas) (abre nunha nova xanela)
- Folleto resumo das bases (PDF, 1 páxina) (abre nunha nova xanela)
- Formulario en papel para presentar a proposta nas urnas (PDF) (abre nunha nova xanela)
O formulario en papel pódese imprimir e depositar na urna da Casa do Concello, a Piscina municipal, a Axencia de colocación ou a Biblioteca municipal.
Preguntas frecuentes
Como e onde presentar?
En liña (formulario web) ou presencial (urna) nos puntos municipais indicados.
Podo presentar máis dunha proposta?
Non. O formulario en liña non admite unha segunda proposta co mesmo DNI/NIE, e se se presentan varias pola mesma persoa (por exemplo, unha en liña e outra en urna) descártanse todas.
Cantas propostas podo votar?
Poderás escoller e votar ata 3 propostas na fase de votación.
Cal é a contía total?
200.000 €. Selecciónanse as máis votadas ata chegar a esa contía.
Que datos teño que cubrir?
Nome, apelidos, DNI/NIE, data de nacemento, parroquia, área, título e breve descrición da proposta. O correo é opcional e serve para recibir un xustificante.
Lembra! Deberás aceptar, nos formularios correspondentes, o tratamento dos teus datos persoais para os fins indicados. En caso contrario, non se tramitará a túa proposta e/ou voto.
Hai bases completas?
Si. Consulta as Bases en PDF (abre nunha nova xanela).
Edición 2026
Na primeira edición presentáronse 807 propostas, 11 chegaron á votación final e emitíronse 2.247 votos. A proposta gañadora foi a mellora do campo de fútbol de Louredo, que xa está en licitación.







