Votación

Votación · Mos Decide 2027

Votación do 30 de outubro de 2026 ás 00:00 ata o 9 de novembro de 2026 ás 23:59

Aviso: A votación aínda non está aberta. Poderás votar a partir do 30 de outubro de 2026 ás 00:00.
Votación activa: xa podes votar na plataforma. Preme no botón de abaixo.
A votación rematou o 9 de novembro de 2026. Grazas por participar. Os proxectos gañadores presentaranse nun acto público o domingo 15 de novembro de 2026 e publicaranse nesta web.

Ir á plataforma de votación (abre nunha nova xanela)

As 18 propostas finalistas

Cada persoa pode escoller ata 3. Tamén podes descargar a lista en PDF (abre nunha nova xanela).

  1. 1. Acondicionamento área de lecer en Herville · 200.000 €
    Acondicionar unha área de lecer e convivencia para a veciñanza de Herville nas inmediacións do local social
  2. 2. Mellora da seguridade viaria na Estrada Generoso Domínguez · 200.000 €
    Construción de novas beirarrúas para facilitar os desprazamentos a pé, mellorar a accesibilidade e a seguridade dos peóns.
  3. 3. Aparcamento público na contorna do Pazo de Mos · 200.000 €
    Dotar a esta contorna de gran afluencia dun parque de aparcamento 100 % público, do que na actualidade carece.
  4. 4. Cubrición de parques infantís e pistas deportivas municipais segundo viabilidade técnica · 200.000 €
    Mellorar a protección fronte ás condicións meteorolóxicas e favorecer o uso destes espazos durante todo o ano, tendo en conta a demanda dos usuarios e a viabilidade técnica
  5. 5. Mellora da seguridade viaria e humanización da contorna de San Amaro e no camiño de Arrubial · 200.000 €
    Humanización e mellora da seguridade viaria e peonil da Capela de San Amaro e Arrubial
  6. 6. Melloras das instalacións da Asociación Solidaria MosAxuda · 120.000 €
    Renovar o pavimento e a carpintería exterior do almacén e adquirir equipamento básico.
  7. 7. Acondicionamento do entorno da Igrexa de Cela · 200.000 €
    Acondicionamento e mellora do torreiro exterior da Igrexa de Cela
  8. 8. Humanización rúa Ludeiro · 200.000 €
    Humanizar a rúa Ludeiro con sentido único, beirarrúas máis amplas e aparcamento.
  9. 9. Creación dunha área de autocaravanas · 80.000 €
    Crear unha área de autocaravanas na zona de Santiaguiño (Guizán)
  10. 10. Mellora da contorna da zona de Santiaguiño · 120.000 €
    Creación dun parque multiaventura e cubrición da pista de pádel.
  11. 11. Mellora das instalacións do Edificio do Multiusos · 200.000 €
    Mellora das instalacións para actuacións culturais, dotación de camerinos e mellora da iluminación e do son.
  12. 12. Acondicionamento acústico do Pavillón municipal Óscar Pereiro · 200.000 €
    Acondicionamento acústico do Pavillón municipal Óscar Pereiro
  13. 13. Modernización piscina municipal de Mos · 130.000 €
    Mellora das instalacións da piscina para adaptala ás competicións autonómicas e nacionais (por ex. coa dotación de seis poios de saída e seis dispositivos de saída de costas na piscina municipal)
  14. 14. Creación dun aparcadoiro na contorna da Igrexa de Louredo · 200.000 €
    Adquisición e acondicionamento dunha parcela detrás do cemiterio para crear prazas de aparcamento e mellorar o acceso peonil.
  15. 15. Compra de terreos, recuperación, consolidación e posta en valor do Castro de Torroso · 200.000 €
    Compra de terreos, recuperación, consolidación e posta en valor do Castro de Torroso
  16. 16. Renovación do parque infantil Campo da Feira · 200.000 €
    Renovar o parque infantil e a pista de fútbol sala; e incorporar unha zona de pump track (circuíto con curvas e desniveis para bicicletas, patinetes e skate).
  17. 17. Aula de estudo · 200.000 €
    Crear unha aula de estudo aberta a toda a veciñanza na zona da escola de música e conservatorio.
  18. 18. Posta en valor do Sendeiro dos Muíños de Salgueira e Monte Pereiras · 200.000 €
    Recuperación e acondicionamento do sendeiro, mellorando a accesibilidade, a sinalización e a conservación do patrimonio natural e etnográfico da contorna.

Documentación da votación

Consulta as 18 propostas finalistas antes de votar.

Como votar

Na plataforma só terás que identificarte co teu DNI/NIE e a data de nacemento e marcar as túas opcións. Cada persoa pode seleccionar ata 3 propostas e votar unha soa vez.